KLING, MARC-UWE / HENN, ASTRID
No Bosque-corazón vén ao mundo un unicornio superlindomeloso. Todos son moi lilagarimosos con el e aliméntano con trevos de catro follas azucrados.
Pero, a pesar de todo, o animaliño non se comporta para nada coma un unicornio. Simplemente, sempre di NON, polo que a familia acábao chamando NONicornio.
Un día o NONicornio escápase do seu mundo azucrado.
Atópase cun mapache que non quere escoitar, cun can ao que todo dálle igual, e cunha princesa que é unha respondona.
Os catro fan bastante bo equipo.
Porque ata ser teimudo é máis divertido en compañía.